Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Club Clavicémbalo este xoves 12, venres 13 e sábado 14 de decembro en pases de 20:30 e 22:30.
Nesta sesión representaranse, coma sempre, catro pezas novas.
Poderanse mercar entradas a través da plataforma dixital Woutick no seguinte enlace: https://www.woutick.es/evento/26996/entradas-microefectos-dramaturxicos-2024
Tamén haberá entradas dispoñíbeis na billeteira en cada un dos pases.
O grupo, que cumpriu once anos de existencia o pasado mes de maio, pon en escena pezas teatrais duns quince minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.
Pezas:
– Habelas Hainas Escribe e dirixe Pepe Saavedra. Interpretan: Anxo Manoel, Brian Rodríguez, Raquel López Cendán e Almudena Graña.
– Jefe! Escribe e dirixe Anxo Manoel. Interpretan: María Grandío, Brais García e Anxo Manoel.
– O balneario Escribe e dirixe María Grandío. Interpretan: Elvira Velasco, María Grandío e Anxo Manoel.
– Unha boa persoa Escribe e dirixe Brais García. Interpretan Brian Rodríguez, Brais García, Elvira Velasco e Anxo Manoel.
Instagram: https://www.instagram.com/microefectos/
Facebook: https://www.facebook.com/microefectos
Canle de YouTube: https://www.youtube.com/@Microefectos/featured
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte