7.2 C
Lugo
Mié, 3 Dic 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Música e poesía: movendo a lingua

5 de mayo - 19:00

Música e poesía: movendo a lingua

«O luns día 5 de maio ás 19.00 h no auditorio Fuxan os ventos de Lugo terá lugar o acto de clausura do proxecto de innovación en dinamización da lingua galega “Música e poesía: movendo a lingua”, un proxecto conxunto dos EDLG da Escola oficial de idiomas de Lugo e o Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes, no que tamén colaborou en varias actividades o conservatorio de danza.

No acto teremos a oportunidade de presentar as recitacións multilingües de varios poemas galegos, algúns recitados polas propias poetas xunto con alumnado da EOI, e as músicas que se compuxeron para eles interpretadas por alumnado do conservatorio. Repasaremos o que foron as “pílulas curativas” a base de poesía e música e contaremos con pezas de recitación poética, música e danza onde participan os tres centros.

Animádevos a asistir!!»

Detalles

Local

  • Auditorio Municipal Fuxan os Ventos
  • Rúa Madanela
    LUGO, Lugo 27002 Spain
    + Google Map