10 C
Lugo
Jue, 13 Mar 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Obradoiro «Cine de guerrilla: crea cine sen límites»

14 de marzo - 17:00 - 19:00

Obradoiro «Cine de guerrilla: crea cine sen límites» (módulo 3 dos tres módulos que da oferta formativa do Lugo Cultural 2025, módulos a facer de xeito independente, dous deles ou os tres)

Relator: Bruno Máez

Datas: 

  • Vernes 14 de marzo de 17.00 a 19.00 horas
  • Sábado 15 de marzo de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas

Lugar: Casa do Saber

Queres facer cine, pero cres necesitas grandes presupostos e equipos custosos? Pensa outra vez! Neste curso de Cine de Guerrilla, descubrirás como a creatividade e a paixón son as túas maiores ferramentas para contar historias poderosas.

Aprenderás a producir películas de baixo orzamento utilizando recursos accesibles, localizacións e técnicas innovadoras que desafían as normas do cine tradicional. Desde a ideal inicial ata a edición final, este curso levarate por todas as etapas da produción cinematográfica, explorando como planificar, rodar e finalizar proxectos como os que tes á túa disposición.

Converteraste nun creador multidisciplinario, asumindo roles como guionista, director, camarógrafo, editor e incluso promotor da túa obra. E ao mellor o teu proxecto final será unha curtametraxe independente que poderás presentar en festivais e plataformas nacionais e internacionais.

Este curso non é soamente unha clase, é un desafío. É para quen quere romper as regras, crear co que teñen e contar historias que ninguén máis se atreve a contar. Se estás listo para facer cine sen límites, este é o teu momento.

Calendario:

Venres, de 17.00 a 19.00 horas

  • Preprodución
    • Fundamentos do cine
    • Fundamentos do guión cinematográfico

Sábado, de 10.00 a 14.00 horas

  • Preprodución
    • Selección do guión e redacción do guión técnico e plan de rodaxe
  • Produción:
    • Base teórica da produción cinematográfica
    • Rodaxe

Sábado, de 16.00 a 20.00 horas

  • Produción
    • Rodaxe
  • Post-produción
    • Edición da curtametraxe
    • Edición da curtametraxe e coordinación exhibición
  • Inscrición desde o 5 de febreiro ata completar prazas neste formulario, seguindo as instrucións do documento de pagamento de taxa.

    No caso do módulo 1 a inscrición pode facerse ata o xoves 13 de febreiro á mañá.

    Prazas: 14 persoas

    Prezos:

    1) Por módulo:

    • Taxa xeral: 60 euros
    • Comunidade universitaria: 30 euros

    2) Todos os módulos:

    • Taxa xeral: 150 euros
    • Taxa comunidade universitaria: 70 euros

     

Inscrición desde o 5 de febreiro ata completar prazas neste formulario, seguindo as instrucións do documento de pagamento de taxa.

No caso do módulo 1 a inscrición pode facerse ata o xoves 13 de febreiro á mañá.

Prazas: 14 persoas

Prezos:

1) Por módulo:

  • Taxa xeral: 60 euros
  • Comunidade universitaria: 30 euros

2) Todos os módulos:

  • Taxa xeral: 150 euros
  • Taxa comunidade universitaria: 70 euros

Módulo 1 – Laboratorio sonoro: técnicas de gravación, software e creación de paisaxes sonoras

Módulo 2 – Sementando videoarte

Axenda Cultural de Lugo, Viva Lugo

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Fecha:
14 de marzo
Hora:
17:00 - 19:00
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
+ Google Map