O proxecto Guido Guía e os Urban Sketchers de Lugo estrean colaboración e lanzan para o
domingo 27 de outubro unha tarde de paseo e debuxo pola cidade de Lugo.
A iniciativa USK (debuxantes urbanos) é unha comunidade mundial que acaba de asentarse hai tres meses na capital bimilenaria, e lanzan esta actividade xunto ao guía de turismo Guido Álvarez (proxecto Guido Guía) para expandir a súa iniciativa e descubrir se hai na cidade máis persoas interesadas en integrarse á súa comunidade creativa.
A convocatoria é aberta e gratuíta, previa inscrición no correo guidoguiaturismo@gmail.com e con cita o domingo 27 de outubro ás 16h00 na entrada do Parque Rosalía (xunto ao busto da escritora)
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte