Presentación de conto «Nariz vermello» e obradoiro infantil

Presentación de conto «Nariz vermello» e obradoiro infantil
Venres 6 de febreiro, ás 18:30 h. na Librería Biblos de Lugo
Unha historia sinxela pero moi divertida, narrada pola súa autora, a xornalista Cristina Arias, que estará acompañada pola ilustradora, Laura Cibreiro.
Nesta ocasión, unha avoa relatará á súa neta unha antiga historia familiar, de cando o seu avó amolou a un trasno que vivía na súa casa ao non saber coidalo. Onde estará agora ese trasno? Seguirá acompañando á familia? Decidiría instalarse na casa da neta? De calquera xeito, terán que ter moito coidado se non queren ter que aturar as súas bromas!!! 🤭
Ademais, ao rematar o contacontos Cristina e Laura realizarán un obradoiro de pintura para os peques.



























