Evento subido a Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo. www.vivalugo.es
‘Un gigante entre pigmeos. Rescatar a Marx de los “marxistas»‘ (Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo) e «En defensa de la democracia [real]. Auge y ocaso de la ‘nueva política’ en España» (Foro OBenComún).
O autor estará acompañado de Juan Carlos Naveiro, filósofo lucense.
«Ademais de coincidir no tempo, teñen en común ser obras de resumen dun tempo, e ter como fío condutor a revolución e a democracia.
A inicios do século XX existían dúas forzas históricas motrices fortes: o cambio sistémico – a revolución – e a liberdade – a democracia -. Ambas herdadas dun potente pensamento desenvolto durante os séculos XVIII e XIX por filósofos modernos e que tivo como colofón a obra de Karl Marx.
A construción dunha liturxia ‘marxista’ e, posteriormente, as saídas totalitarias á primeira crise profunda do liberalismo significaron, no campo da esquerda, o trunfo da visión leninista e a disociación para longo tempo entre a democracia e a revolución.
Os diferentes intentos de volver a facer confluír ambas poderosas forzas motrices fracasaron ben por cuestións epistemolóxicas ou ben pola deriva totalitaria (e anti-liberal) dunha esquerda enrocada na xustificación de calquera modelo totalitario que asumira unha patina de anti-capitalismo ou anti-imperialismo (entendido unicamente como anti-americanismo).
Reivindicar o pensamento revolucionario e ilustrado de Karl Marx, para liberalo do marxismo, e reivindicar a democracia – a real e non a utopista -, son hoxe dúas necesidades progresistas no interpretativo e no político.»
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte