9.4 C
Lugo
Mié, 16 Abr 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación do libro «El arte de caminar y el placer de sentir»

18 de marzo - 19:00

O próximo martes, día 18, ás 19,00 h., no patio central de O Vello Cárcere, vaise presentar o libro EL ARTE DE CAMINAR Y EL PLACER DE SENTIR, do lucense residente nas Illas Canarias, José Manuel Espiño Meilán.

O autor estudou Maxisterio en Lugo, especializándose – entre outras materias – en Ciencias da Natureza.

Profesor en Las Palmas desde 1977, con decidida vocación naturalista, foi pioneiro nas Illas Canarias en conxugar educación e natureza, e convertiuse en especial divulgador da riqueza natural das Illas tanto no ámbito educativo como a través de conferencias, xornadas ou tertulias, espallando entre os canarios as riquezas naturais daquel arquipiélago.

Toda a súa obra esta centrada, baseada, na natureza, historia, lendas e vida das Canarias, e tamén de Galicia, coa que segue plenamente conectado e onde pasa longas tempadas cada ano.

Creou o colectivo naturalista TURCÓN, do que é presidente de honra, co que fixo numerosas publicacións, viaxes, investigacións, estudos, acampadas, repoboacións, limpeza e acciòns reivindicativaas e defensivas do medio natural.

A obra que presenta este martes no Vello Cárcere, é EL ARTE DE CAMINAR Y EL PLACER DE SENTIR, na que efectúa un paseo polo litoral de Telde, facendo vivir ao lector unha aventura inesquecible mergullado na natureza viva deste territorio grancanario.

Axenda Cultural de Lugo.

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Fecha:
18 de marzo
Hora:
19:00
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 29 71 95