8.3 C
Lugo
Sáb, 21 Dic 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación do libro «Entremurallas. Lugo, Patrimonio e Arte» 

10 de diciembre - 12:00

Presentación do libro «Entremurallas. Lugo, Patrimonio e Arte» 

Martes, 10 de decembro, ás 12.00 no Salón de Graos da Facultade de Humanidades.

Esta nova publicación, iniciativa do Grupo Iacobus, e editada por Alvarellos Editora, rende homenaxe á profesora Ana E. Goy Diz, engadíndose entre as súas páxinas un estudo inédito escrito por ela mesma.

A cidade de Lugo foi onde a catedrática de Historia da Arte, desenvolveu o seu traballo, sendo o seu centro de referencia a Facultade de Humanidades.

«Entremurallas» reúne estudos sobre espazos emblemáticos da cidade como a Muralla Romana, o convento de San Francisco, sede do Museo Provincial, xunto con outros traballos arredor do terremoto de 1751, a pintura de Xulia Minguillón ou a imaxe de Lugo na prensa ilustrada do século XIX.

O obxectivo das páxinas desta obra, profusamente ilustradas con máis de cen fotografías, non é outro que reforzar o valor cultural do patrimonio artístico da nosa cidade e concienciar sobre a necesidade da súa imprescindible protección

Detalles

Fecha:
10 de diciembre
Hora:
12:00
Categoría del Evento:

Local

Facultade de Humanidades Lugo
Complexo docente do campus de Lugo, s/n
LUGO, Lugo 27002 Spain
+ Google Map