Presentación do libro LUGOPOÉTICA 2024
Este venres,14, ás 12,00 h., no salón Muralla da Delegación Territorial da Xunta de Galicia, será presentado aos medios informativos o libro LUGOPOÉTICA 2024, que recolle os contidos dos Encontros poéticos organizados por Egeria, celebrados na U.N.E.D., coa colaboración da Xunta de Galicia.
É un volumen de 216 páxinas, que garda memoria dos seis encontros deste LUGOPOÉTICA 2024, entre poetas lucenses consagrados e poetas novos, que foron transmitidos pola Rede da Uned, publicados en Facebook, e na web dos encontros www.lugopoetica.org
Participaron MARICA CAMPO-EVA TEIXEIRO (29 febreiro); LOIS PÉREZ DÍAZ-DANIEL IRIMIA YAÑEZ (14 marzo), MARÍA XOSÉ LAMAS-BRENDA MUINELO(4 abril), XOSÉ OTERO CANTO-ANTONIO CALVO VARELA (25 abril), OLGA NOVO-CRISTINA SOILÁN (2 maio) e BALDOMERO IGLESIAS DOBARRIO-FRANCISCO JAVIER NEIRA PAMPÍN (6 xuño).
O libro é un achegamento á vida e á poesía destes doce creadores, coa escolma da súa obra elixida por eles para esta actividade cultural desenvolvida en directo no salón de actos da U.N.E.D.
Efectuarán a presentación a Directora da UNE-Lugo, Ana Traseira; o Delegado Territorial, Javier Arias; o Secretario Xeral da Lingua, Valentín Arias e o coordinador dos Encontros, Xulio Xiz.
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte