Sábado 23 ás 12 horas, no Vello Cárcere de Lugo
Con Baldo Ramos, Antonio Piñeiro e Xerardo Quintiá
“Un ferrado de terra”: libro-poema editado por Bourel, que recolle o texto lido nos Eidos de Outono no ano 2021.
Trátase dunha edición limitada de 100 exemplares.
Cada un dos cales foi mecanografado, un a un, e cosidos un a un, polas mans de Antonio Piñeiro.
Ademais, cada exemplar vai dialogado con dúas ilustracións (2×100=200 orixinais) de Baldo Ramos
“Un ferrado de terra” non estará en librerías e unicamente se poderá adquirir no momento da presentación.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte