Presentación do novo disco de Xoán Carlos Rilo
– Data: 8 maio 2025
– Lugar: Centrad Lugo
– Hora: 19:00h
A cita é de entrada libre e está dirixida tanto a amantes da música tradicional como a quen desexe descubrir o talento dun dos referentes do xénero.
O seu novo disco “O ronsel do meu sentir” pecha a triloxía musical do artista, unha colección de composicións da súa autoría que destacan pola súa dozura, sensibilidade e profundo vínculo coa tradición galega.
Esta presentación non so nos permitirá coñecer de primeira man a obra, senón que tamén ofrecerá unha actuación en directo o propio Xoán Carlos Rilo.
A súa gaita estará acompañada polos audios de instrumentos de vento, corda e percusión, interpretados no disco por 20 músicos profesionais.
Con esta presentación, o músico galego reafirma o seu compromiso coa difusión da música tradicional galega, fusionando a esencia da gaita cunha rica instrumentación que potencia a emoción de cada melodía.
Xoán Carlos Rilo é unha figura consolidada dentro do panorama da música tradicional galega, cunha traxectoria marcada pola investigación, composición e ensino da gaita.
Con O ronsel do meu sentir, ofrece un peche perfecto a unha triloxía que capturou a esencia do seu universo sonoro.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte