Venres 15 de novembro ás 20:30h os cines Codex proxectan un pase especial do documental “OS ESPAZOS EN BRANCO” que recibiu o Premio Mestre Mateo 2024 a Mellor Documental.
Presentación con Bruno Arias (director do documental), Antía Carreira (directora de arte) e Álvaro Liste (productor executivo) ás 20:30h. Ao remate da proxección haberá un breve coloquio.
Bruno, o seu director, estrease no cine cun documental onde explora a pegada que a súa tía, Xela Arias, deixou nel e que acaba conformando unha intensa e emotiva reflexión sobre a memoria.
Sinopse:
Bruno leva moito tempo cunha espina cravada: non lembra case nada de quen máis lle influíu na súa vida.
A súa tía Xela morreu cando el tiña 5 anos e só lle quedan dela as memorias doutras persoas.
É por iso que, dezaoito anos despois, Bruno decide transitar as caras e lugares que viviron a súa tía para dar luz a este conflito interno a través da primeira herdanza que lle deixou: o impulso creativo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte