De Esa Gente
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: De 1 a 6 anos
Sinopse:
Blop é unha peza de danza contemporánea inmersiva para a primeira infancia.
É unha proposta sensorial 360º que , desde a proximidade, explora o inesperado ou mesmo o inoportuno.
Aparece a protagonista e con ela algo que a cubre, unha especie de capa acuosa que fai soar todos os seus movementos e iso sí! Cando se rompe, deixa todo mollado e boca abaixo. E agora que facemos?
Blop busca dedicar atención e tempo a dúas das emocións sociais, culpa e vergoña, xusto nos anos nos que os máis pequenos comezan a sentilas na vida diaria (2 anos) até que comezan a poder explicalas ou conceptualizalas (5-6 anos).
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte