Programación de Nadal en Lugo 2024 – 2025
Nesta publicación todas as actividades de Nadal en Lugo. Actualizaremos según vaia chegando a información dos eventos á redacción.
Programación de Nadal subida a Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo. www.vivalugo.es
Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua:
Festival Medrando no Nadal 2024
26, 27, 28 e 29 de decembro. III Medrando no Nadal. no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Dous pases cada día. 17h e 18:30h. Entradas: (teñen que sacar entrada tanto pais/nais como cativos/cativas)
https://entradaslugo.es/
26, 27, 28, 29 de decembro das 16h ás 19h. «Terra miúda» de Xogos Miudinho. *Para os xogos non hai entrada específica, vai implícita nas entradas dos espectáculos.
Espazo de xogo con material natural non estruturado. Terra é un paso máis na concepción do xogo. Utilizando as múltiples posibilidades do material natural non estruturado (pólas, liscos de madeira, pedras, cana…) e todo o beneficio que o seu emprego supón para as creativas cabeciñas da cativada.
Programación de Nadal subida a Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo. www.vivalugo.es
26 decembro. «O castiñeiro do Apalpador» de Fantoches Baj.
Neste espectáculo, creado a partir da tradición popular, un carboeiro que se alimentaba únicamente dos froitos do seu castiñeiro e que as xentes chaman o apalpador, conta aos miúdos porque no Nadal reparte castañas aos nenos e nenas que non teñen nada nas súas barriguiñas. Duración: 50 min. Idade Recomendada: A partir dos 4 anos.
27 decembro. «Texturas» de La curiosa. PREMIO FETÉN 2024 A MELLOR ESPECTÁCULO PARA A PRIMEIRA INFANCIA.
Texturas é unha proposta escénica inmersiva para a primeira infancia baseada na
experimentación visual e sonora. O espectáculo traslada o concepto de textura, asociado ao tacto, cara aos campos do oído e a vista, e desprega unha experiencia sensorial delicada e envolvente. Texturas envolve ao público nunha experiencia 360º. Duración: 35 minutos. Idade Recomendada: Dos 0 aos 5 anos.
28 decembro. «Kl´aa tu canción» de Inspira teatre.
Pouco a pouco saio do niño. Ónde estou? Quén son? Con cada son e con cada paso voume facendo máis eu, voume construíndo, e entón podo mirarte máis a ti e aos outros. Unha experiencia visual e sonora a través da voz. Unha viaxe musical cara o descubrimento do mundo. Duración: 35 minutos + 15 min de interacción co público.
Idade Recomendada: Dos 0 aos 6 anos.
29 decembro. «Maruxiña» de Aurora Artes Escénicas.
Maruxiña inspírase no conto clásico de “Polgariña” de Andersen, para relatar unha nova aventura . Un espectáculo en clave cómica, interdisciplinar con música en directo, no que a protagonista investiga o mundo que a rodea, dende que nace nunha hortensia da maceta da señora Lola. Duración: 45 min. Idade Recomendada: A partir dos 4 anos.
23, 26, 27, 30, de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro. Obradoiro de Panxoliñas tradicionais en O Vello Cárcere. Dúas sesións; Das 11 ás 12h e das 12h ás 13h.
20 participantes por sesión. A partir dos 6 anos. Inscrición de balde no 982 297 195 ou vellocarcere@lugo.gal
28 decembro. Rancho e Ranchiño Xeitoso. Recinto Histórico. Das 18h ás 20h.
29 decembro. Rancho e Ranchiño Xeitoso. Recinto Histórico. Das 12h ás 14h.
Programación de Nadal subida a Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo. www.vivalugo.es
30 decembro. Rancho e Ranchiño Xeitoso. Recinto Histórico. Das 17h ás 19h.
03 de xaneiro – 20:30 Concerto de aninovo “80´s Remember” pola Banda Filharmónica no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Entradas:
https://entradaslugo.es/
5 de xaneiro. Cabalgata de reis. Saída ás 18h do Parque da Milagrosa. Chegada. Casa do Concello. Praza Maior. 19.30h.
MERCADO DE NADAL PZA SAN MARCOS:
XUVENLUGO:
Actividades da Concellería de Xuventude e Deportes:
O obradoiro de decoración de Nadal será o encargado de abrir a programación o luns, día 16, dende as 17.00 ata as 20.00 horas na Casa da Xuventude, unha actividades que se repetirá os días 17 e 18 de decembro.
Scape-room “Misión Nadal: tras as chaves”, na que poderán participar ata 168 persoas, distribuídas en varios grupos ao día de catro a seis persoas, dende as 10.00 ata as 13.00 horas e de 16.00 a 20.00.
Esta actividade está programada para os días 26, 27, 28 e 30 e constará dun total de 27 probas de distintos tipos, nas que se require destreza manual, tecnolóxica, informática ou boas doses de traballo en equipo para ir superando cada unha das probas.
Programación de Nadal subida a Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo. www.vivalugo.es
“Busca do cofre perdido”, unha xincana pola cidade que partirá da rúa Quiroga Ballesteros. Será o día 23 de decembro, dende as 10.00 ata ás 14.00 horas, e con 80 prazas dispoñibles, distribuídas en 20 grupos de catro persoas cada un.
Os participantes deberán realizar e superar ata 25 probas por toda a cidade, con xogos nos que se poñerá a proba as habilidades mentais, intelectuais, a busca de edificios emblemáticos da cidade, descifrar xeroglíficos …
Un dos grandes incentivos desta xincana son os seus premios, xa que os primeiros lograrán unha viaxe á neve dun día para catro persoas, co equipamento e actividades incluídas, mentres que os segundos clasificados conseguirán unha cea nun restaurante da cidade.
Actividade de danza para os días 26, 27, 28 e 30, na Casa da Xuventude, que permitirá aprender bailes e coreografías con temática de Nadal. O horario será de 17.00 a 18.00 horas, sen límite de aforo.
A inscrición en cada unha destas actividades pódese facer desde na páxina web do Concello, na que xa están publicadas as bases e os formularios, na dirección http://formulario.xuventudelugo.gal/.
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
www.vivalugo.es
https://www.facebook.com/vivalugo
https://www.instagram.com/vivalugo/
https://x.com/viva_lugo