Proxección de “A virxe Roxa” e coloquio con Chema Guiano
A proxección, precedida polo coloquio, terá lugar o vindeiro venres 31 de xaneiro, ás 20.00 horas no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo.
Chema Gagino, é director de dobraxe e dirixiu dúas das máis exitosas e premiadas teleseries galegas: “Mareas Vivas” e “Terra de Miranda”; foi guionista en series como “Libro de familia”; actor e director de dobraxe prestando voz a actores como Woody Allen ou Eddie Murphy; e locutor de radio; obtendo recoñecementos e premios por estes traballos, entre eles varias nominacións e Premios Mestre Mateo en dirección, guión, serie e curtametraxe.
“A virxe roxa” trátase dun interesante documental.
No ano 1933, Aurora Rodríguez acabou coa vida da súa propia filla de 18 anos, unha xoven prodixio da política e unha precoz intelectual pioneria do feminismo en España.
O documental retrata a complexa figura de Aurora e a súa filla Hidegart, explorando conceptos como a maternidade, a creación, a sexualidade ou a loita dos traballadores.
Axenda Cultural de Lugo, Viva Lugo
https://www.instagram.com/vivalugo/
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte