Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Proxección do filme ‘Un barco no xardín’, de Jean-François Laguionie

4 de noviembre - 19:30

O Club Cultural Valle-Inclán proxecta o filme ‘Un barco no xardín’, de Jean-François Laguionie (España, 2024, 75 min), nas Sesións de Filmoteca do Outono Cultural 2026. Será o mércores 4 de novembro no Salón de Actos da Casa do Saber do campus de Lugo ás 19.30 horas.

A entrada é de balde e libre para a comunidade universitaria. Unha vez iniciada a proxección, non se permitirá o acceso á sala.

Esta actividade desenvólvese segundo o convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia.

Un barco no xardín

Entre os seus soños de aventuras e unha mirada tenra cara aos seus pais, o mozo François pasa da infancia á idade adulta. A comezos dos anos cincuenta, no xardín familiar xunto ao río Marne, Pierre comeza a construción da réplica do Spray, o barco lendario co que Joshua Slocum completou a volta ao mundo en solitario, facéndose famoso en 1895. Nesta aventura embárcanse a súa muller Geneviève e o seu fillo François, que acaba de cumprir once anos e sente paixón por este proxecto e pola figura referente de Slocum, símbolo de liberdade.

‘Un barco no xardín’, do animador Jean-François Laguionie (Palma de Oro en Cannes por ‘Remando a través do Atlántico’), estreouse en festivais como Cannes e Annecy. Cun estilo evocador e delicado, inspirado na fotografía de Doisneau, e coa colaboración da guionista Anik Le Ray (Kerity, a casa dos contos), a película afonda nos vínculos familiares, nos soños e na transición á vida adulta.

Detalles

  • Fecha: 4 de noviembre
  • Hora:
    19:30
  • Categoría de Evento:

Recinto

  • Casa do Saber
  • Praza Pío XII, 3
    Lugo, Lugo 27001
    + Google Map