Proxección dos filmes ‘Río de Sombras’ e ‘La tragedia de Xirobio’
Salón de Actos da Casa do Saber
O Club Cultural Valle-Inclán proxectará os filmes ‘Río de sombras’ de Daniel Domínguez (España, 1986, 21 mn), baseado nun conto de José Luis Méndez Ferrín e ‘La tragedio de Xirobio’ de José Signo (España, 1930, 44 mn) de José Signo, unha adaptación libre dunha das narracións do libro ‘Cousas’ de Alfonso R. Castelao, o mércores 27 de novembro, ás 19.30 h, no Salón de Actos da Casa do Saber do campus de Lugo.
Estas proxeccións están incluídas dentro da programación do Outono Cultural e realízanse coa axuda da Xunta de Galicia, en colaboración coa Filmoteca de Galicia.
A entrada é libre e de balde para socios do Club Cultural Valle-Inclán e para a comunidade universitaria.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte