Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Proxección e coloquio «A Voz de Hind Rajab»

30 de marzo - 20:00

«Este luns 30 de marzo ás 20:00 no CSA A Hedreira (r/Catasol 17) en conmemoración ao Día da Terra Palestina, convidámovos a ver xuntes A Voz de Hind Rajab (2025), aclamada película dirixida por Kaouther Ben Hania que conta a historia de Hind, unha nena palestina de 5 anos asasinada polas Forzas de Ocupación Israelís, e do equipo de rescate que fixo todo o posible por salvala.

Seguidamente levaremos a cabo un coloquio que nos axude a dixerir esta historia tan tráxica e transforme a tristeza e a rabia en acción. Vémonos entón!» https://www.instagram.com/lugoxpalestina/

Detalles

  • Fecha: 30 de marzo
  • Hora:
    20:00
  • Categoría del Evento:

Local