-2.3 C
Lugo
Mié, 15 Ene 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Roteiro pola zona afectada polos parques eólicos Monteiro e Restelo

19 de enero - 09:00

Roteiro pola zona afectada polos parques eólicos Monteiro e Restelo

Evento subido a Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo. www.vivalugo.es

Novo roteiro que organiza ADEGA-Lugo pola Serra de Fontoira e Alto de Restelo, nos concellos de Baleira, Navia, Fonsagrada e Becerreá este domingo, 19 de xaneiro, con saída ás 9h desde o seu local (Ronda das Fontiñas 180)

«Vindo de Baralla e cara Navia de Suarna, por riba de Castro Lanzán ao oeste e de Teixeira de Arriba ao leste temos o PE Monteiro na Serra de Fontoira coa pretensión da instalación de 5 aeroxeradores.

Faremos un pequeno roteiro circular duns 2 quilómetros onde, se o tempo o permite se ampliaría a 5, poderemos ver o alcance dos parques eólicos da comarca.

Desprazarémonos logo até o alto de Restelo para ver a localización exacta dos 6 aeroxeradores de máis de 180 m. de alto nos concellos de Baleira, Fonsagrada, Navia e Becerreá.

Faremos tamén un roteiro circular duns 6 quilómetros, pasando preto de Redrollán, dende onde a perspectiva, se é posible, permitiranos ver tamén unha amplísima panorámica dos parques xa instalados na zona e o que suporía a instalación dos proxectados.

Os cartos recadados neste roteiro serán destinados ás campañas Ti Podes Paralos! para frear os parques eólicos Restelo e Monteiro.

Moverémonos sempre por riba dos 900 metros polo que necesitaremos abrigarnos.»

Información e reservas

As persoas que estean interesadas en reservar praza, terano que facer a través do formulario de reserva

Cubriranse as prazas por orde de inscrición. Os roteiros de ADEGA-Lugo están abertos á participación de público de todas as idades, cun prezo de 6 euros.

Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Fecha:
19 de enero
Hora:
09:00
Categoría del Evento: