ADIADO Samaín 2024 – Tambukda
O 2 de novembro (Rúa Nova, praza do Campo e Tinería) a partir das 20:00
«A área de Cultura programou actividades de animación nas rúas do casco histórico, que terán lugar o vindeiro 1 de novembro a partir das 20 horas na praza da Soidade co concerto de Adrián Vigo, e 2 de novembro cos pasarrúas de Caivanca (Campo Castelo e Recatelo) e a Tambukda (Rúa Nova, praza do Campo e Tinería) a partir das 20:00, «unha actividade que cada ano é un gran éxito».
O Vello Cárcere contará cunha programación especial para o Samaín, con actividades arredor desta data no espazo de lecer do centro cultural ao longo da semana. Ademais, o 30 de outubro, entre as 17:30 e as 18:30, o espazo didáctico acollerá a actividade A toda cor: Samaín, para nenas e nenos, e o 31 a biblioteca acollerá a actividade Minirrelatos: Samaín, tamén en horario de 17:30 a 18:30. Para inscribirse, será preciso contactar co Vello Cárcere a través de correo electrónico (vellocarcere@lugo.gal) ou no teléfono 982 297 195.»
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte