Xoves 31 de outubro en establecementos do casco histórico da cidade.
Percorre os máis de 85 establecementos nos que se utilizas a fórmula «Truco ou trato» obterás doces.
Algunhas preguntas habituais:
É preciso facer algunha compra?
Non! Gracias á xenerosidade dos establecementos os doces son de balde e non tes que facer ningunha compra neles, só desfrutar do día de Samaín.
Os nenos teñen que ir disfrazados?
Non. Recomendamos facelo porque é máis divertido pero non é obrigatorio.
Cómo se conseguen as bolsas para coller os caramelos?
Repartiranse máis de 2.000 bolsas decoradas. Cada local terá unhas poucas que repartirá ao seu criterio, pero se non consegues unha non te preocupes, non son necesarias para ter os doces. Vale calquera outra bolsa ou recipiente que queiras levar.
Como atopo os locais colaboradores?
Todos eles están no casco histórico, e teñen un cartel no que podes ver a campaña Truco ou Trato, pero tamén tes aquí un mapa interactivo de Google que sinala todos os establecementos nos que podes conseguir os doces.
Desfruta do Samaín e pásao de medo!
Promove Lugo Monumental
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte