Segundo capítulo dos Paseos Debuxados
Domingo 24 de novembro ás 11h30 da mañá na Praza Pío XII
Despois do éxito da primeira edición no mes de outubro, este domingo 24 de novembro USK Lugo e Guido Guía (e coa presenza asegurada do grupo de Urban Sketchers de Vigo, que virán de visita) lanzan un novo paseo guiado aberto -e gratuíto- a todas as persoas que queiran debuxar ou observar como os outros debuxan.
A iniciativa USK (debuxantes urbanos) é unha comunidade mundial que acaba de asentarse hai catro meses na capital bimilenaria, e lanzan esta segunda actividade xunto ao guía de turismo Guido Álvarez Parga (proxecto Guido Guía) para expandir a súa iniciativa e descubrir se hai na cidade máis persoas interesadas en integrarse á súa comunidade creativa.
A convocatoria require inscrición no correo guidoguiaturismo@gmail.com
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte