Auditorio Municipal Gustavo Freire | Lugo
29 Novembro 2024 – 20:30 e 23:00
Falta pouco máis dunha hora para a fin do mundo. En Galicia, unha nave, a Arteixo II, está a piques de despegar cuns poucos elixidos a bordo en dirección a un planeta onde empezarán unha nova vida.
Os capitáns da nave, Carlos Blanco e Touriñán, son os encargados de que a evacuación se leve a cabo con éxito e de meter nesta Arca de Noé galega todo o noso patrimonio humano, material e inmaterial máis prezado, para que a nova terra á que emigraremos siga sendo criminal.
Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán poñen o punto e final a un dos proxectos máis exitosos do teatro galego nas últimas décadas cun novo espectáculo que xirará por toda Galicia ata o mes de xaneiro.
Entradas – Ataquilla –
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte