14.4 C
Lugo
Mar, 4 Nov 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Taller de arquitectura e xeometría aplicada «Palitroques»

14 de noviembre - 17:00 - 19:00
Taller de arquitectura e xeometría aplicada «Palitroques»

14 de Novembro 2025, 17:00 – 19:00

Biblioteca Pública de Lugo

A cargo de Víctor González García-Echave

Palitroques é un taller de arquitectura e xeometría aplicada, desenvolvido a partir dun recurso didáctico que se basea nun sistema construtivo de barras e unións para a montaxe de figuras e estruturas.

Xorde da necesidade de levar ás práctica materias tan teóricas e abstractas como a xeometría, as matemáticas e a física. Este recurso didáctico, desenvolvido a partir da arquitectura, axudaranos a comprender de forma fácil e entretida os fundamentos destas materias.

Desenvólvese de forma práctica como un obradoiro de arquitectura e xeometría aplicada. O obradoiro desenvólvese nun formato de xogo en equipo, no cal deberanse superar diversos retos nun tempo determinado, o mesmo que nunha Xincana Construtiva.

Para nenos/as de 6 a 12 anos

Duración: 60 minutos

Duas quendas (15 prazas por quenda)

  • Primeria quenda: ás 17:00
  • Segunda quenda: ás 18:00

No exterior e vestíbulo da biblioteca

Inscrición previa desde o luns anterior na sala infantil ou no teléfono 982828329

Detalles

Fecha:
14 de noviembre
Hora:
17:00 - 19:00
Categoría del Evento:

Local

Biblioteca Provincial de Lugo
Avda Ramón Ferreiro
Lugo,
+ Google Map