
Concerto de Abraham Cupeiro «Resoando no pasado»
Auditorio Fuxan os Ventos | Lugo
28 Decembro 2025 – 18:00 e 20:30 horas
‘Resoando no pasado’ é unha viaxe pola historia da humanidade a través dos instrumentos. Abraham Cupeiro guíanos neste percorrido botando man da súa enorme colección de instrumentos milenarios.
Faino con moito humor e a pedagoxía de quen coñece os instrumentos de arriba a abaixo. E é que Abraham Cupeiro constituíu el mesmo algúns como o Karnix ou o Cornu, reconstruído a partir duns planos atopados en Pompeya.
‘Resoando no pasado’ non é un concerto nin tampouco un monólogo, combinando elementos do músico e o contador de historias crea un espectáculo fascinante no que descubrir un pouco máis do ser humano por medio das músicas creadas ao longo dos anos.
Entradas: Ataquilla
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte