- Este evento ha pasado.
(Tamén ás 22:30) Microefectos Dramatúrxicos Setembro 2026

Xoves 3, venres 4 e sábado 5 de setembro. Ás 20:30 e ás 22:30 no @club.clavicembalo.
O grupo, que cumpriu trece anos de existencia o pasado mes de maio, pon en escena pezas teatrais duns vinte minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.
Pezas:
– O permiso Escribe e dirixe María Grandío. Interpretan: Elvira Velasco, Anxo Manoel, Brian Rodríguez, Raquel L. Cendán e María Grandío.
– As ramistas Escribe e dirixe Brais García. Interpretan: María Grandío, Elvira Velasco e Brais García.
– Cíborg Escribe e dirixe Raquel L. Cendán. Interpretan: Brais García, Elvira Velasco e Raquel L. Cendán.
– Burramia artificial Escribe e dirixe Brian Rodríguez. Interpretan: María Grandío, Anxo Manoel e Brian Rodríguez.
Podedes acceder xa á plataforma de venda en liña Woutick dende este enlace
Tamén haberá un mínimo garantido de entradas na billeteira en cada pase.

