O Circuíto Galego de Teatro Amador promovido por FEGATEA trae unha nova peza ó Escenario Hipócrita este sábado, 26 de outubro, ás 20h.
Neste caso será unha peza do grupo anfitrión, Hipócrita Teatro a que se poñerá en escena. Trátase de Arte, unha obra da dramaturga Yasmina Reza, que trata con humor a fraxilidade das relacións humanas.
Os actores Teo García, Maikel Pereira e Iván Redondo, dirixidos por José Campanari, dán vida aos tres amigos que protagonizan esta historia para público adulto.
As entradas, ó prezo de 3€, poderán adquirirse no propio local dende unha hora antes da función.
A programación continuará o sábado 9 de outubro coa posta en escena de A morte… e punto!, unha comedia do grupo de Nigrán Porta Aberta.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte