Teatro – As Mapoulas
Laboratorio escéni
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: A partir de 14 anos
Sinopse:
As Mapoulas. Mulleres libres de Monte Alto / As Atochas. Casas refuxio.
Creación escénica multidisciplinar que mestura a dramaturxia teatral, a danza, a música, a poesía e o audiovisual. Unha viaxe dende a ficción dun caso particular, baseada nun feito histórico, ao universal.
A obra céntrase na figura histórica de Alicia Dorado, panadeira anarquista de 25 anos, e na súa casa refuxio sita na rúa do Carme nº6, na cidade da Coruña.
En primeira persoa, fálanos do amor, da vida das casas refuxio, da militancia, do compromiso, das relacións coas outras compañeiras, do barrio e da liberdade nun contexto de gran represión que remata o 10 de xullo de 1937 coa súa morte e a de compañeiras e compañeiros nun asalto policial.
“Que non aparecen na historia universal, senón nas páxi nas de sucesos da prensa local. Os ninguéns, que custan menos que a bala que os mata”. E. Galeano.
ENTRADAS
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte