O próximo sábado, día 21 de decembro, a Asociación do Alumnado IV Ciclo de Lugo organiza no Centro de Convivencia Fingoi (rúa Aviación Española, no 22) unha representación teatral ás 12 da mañá a cargo do grupo lucense “Palimoquiños” coa
posta en escena da obra “Borralliña final”.
Evento subido a Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo. www.vivalugo.es
Entrada libre ata completar aforo.
Borralliña final – Comedia. – 60 min.
Trátase dunha adaptación moi atrevida de “La Cenicienta” dos irmáns Grim en clave de humor.
Xoán Carlos Laxe escribiu esta obra xa hai anos e Paloma Lugilde adaptouna con coreografías e pezas musicais que garanten a súa versatilidade:
Unhas irmás bastas como arados, unha fada madriña que viste á moda, unha
raíña con carácter, un príncipe poeta… A comedia está servida.
Ficha artística
Autoría: Xoán Carlos Laxe
Dirección: Paloma Lugilde
Intérpretes: Maruxa Bruña, Damián Pol, Clara Tallón, Olaia Torrón, Area López,
Noa Álvarez, Cecilia Álvarez, Sabela Pardo, Ayla Álvarez, Sofía Piñerio, Sara López
e Xandre Mauricio.
Palimoquiños
Inician a súa actividade no ano 2011 como sección afeccionada dentro da Escola Palimoco Teatro.
Trátase dun grupo de rapazas e rapaces desde os 13 aos 22 anos cun interese común pola formación teatral e as artes escénicas.
Reúnense todos os sábados na Escola Palimoco para recibiren formación actoral continua da man de Paloma Lugilde.
As súas inquedanzas pasan por mergullarse nun teatro social, de investigación e inclusivo.
A formación e a creación son constantes no día a día deste grupo, coa conseguinte transformación e aprendizaxe.
Teñen acadado diversos premios en certames e concursos estatais de teatro xuvenil. Tamén colaboran con outras entidades como Down Lugo ou Amnistía Internacional.
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo