De Atalaya.
Idade recomendada: A partir dos 14 anos
Ficha Técnica:
– Dirección: Ricardo Iniesta.
– Elenco: Carmen Gallardo, Enmanuel García, Laura Krivakova, Lidia Mauduit, María Sanz, Pedro Callealta, Raúl Vera e Silvia Garzón.
Sinopse:
“El Avaro” é unha das obras mestras de Molière e un dos seus últimos textos. Comedia basada en “Aulularia” de Plauto, ten por protagonista a Harpagón, un rico e miserento individuo.
Este vello vive aterrorizado por un medo obsesivo: que lle rouben o baúl onde ten agochado o seu tesouro. Desconfía de todos, ata dos seus fillos…
A trama sucede en París. Leonor (filla do avaro) está namorada de Froilán, un mozo ao servizo do seu pai como encargado, e Cleanto (fillo de Harpagón) quere casarse con Belisa, unha moza que vive coa súa nai a piques de ser desafiuzadas… polo propio avaro.
A obra mostra o lado máis mesquiño e egoísta do ser humán, onde se levan ao extremo os problemas xerados polos cartos e o poder, o que resulta, lamentablemente de notable actualidade. Ao tempo que se percebe o maltrato que Harpagón propina aos seus empregados e o seu exacerbado sexismo.
ENTRADAS
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte