Teatro – Fino polvo sobre toda a pel
Evento subido a Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo. www.vivalugo.es
12 de xaneiro ás 20 h no Vello Cárcere
De José Watanabe
Versión libre da traxedia de Sófocles
Con Ana Yovino
Musicalización e deseño de iluminación: Carlos Ianni
Deseño de escenografía e vestuario: Solange Krasinsky
Asistencia e fotografía: Soledad Ianni
Dirección: Carlos Ianni
Duración: 60 minutos
Sinopse:
En Tebas, pasada unha guerra cruenta, a xoven Antígona quere dar sepultura ao
cadáver do seu irmán Polinices, xeneral morto en combate; pero o tirano Creonte
considera a Polinices un traidor por volver as armas contra os seus irmáns. Négalle,
pois, as honras fúnebres. Ao corpo insepulto destrozarano voitres e cans, nunca será
abrigado poa terra, e xamáis entrará no reino da luz e da paz. Ese é o horrible castigo.
Evento subido a Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo. www.vivalugo.es
Pero Antígona “ten o corazón posto nas cosas ardentes, en desexos de
desobediencia” e, como se sabe, a desobediencia é a alma do drama. Violando a
prohibición, a moza molla con viño o corpo do irmán, frótao con fino polvo e procede a
solterralo. Capturada, Creonte condeáa a morrer de fame e sede pechada nunha cova
na montaña.
Na historia recente de Argentina tamén hai cadáveres destrozados e errantes, e irmás
e irmáns e pais, nais, fillos e fillas que non pudieron envialos cara a luz e a paz.
Algúns aconsellan:
«… agradezamos hoxe a vida
e o sol
e a paz que é un aire transparente, e comecemos a esquecer».
Outros, en troques, seguen empeñados en salvar aos seus mortos.
Este espectáculo conta co apoio do Instituto Nacional del Teatro
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte