Da compañía lucense Lila Teatro formada por Lines G.G. e Lara Manzano, pechará este sábado 28/12 a programación cultural que Hipócrita Teatro mantivo durante todo o ano con motivo do seu 20 Aniversario.
Evento subido a Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo. www.vivalugo.es
A función terá lugar ás 20:00h no Escenario Hipócrita e forma parte do programa teatral profesional promovido pola Área de Cultura da Deputación Provincial.
Rara Avis é un espectáculo unipersoal que nos presenta a un personaxe feminino que, a través da empatía, a coraxe, a perseveranza e sobre todo do seu particular sentido do humor, logra reconciliarse co seu pasado, desfrutar do presente e propoñerse un futuro esperanzador.
Ao longo do 2024, o Escenario Hipócrita acolleu 20 funcións de teatro de compañías profesionais e afeccionadas, conformando unha variada programación que incluíu comedia, drama, teatro físico, improvisación…
Ademais de artistas e compañías lucenses e galegas, actuaron no Escenario Hipócrita a recoñecida narradora colombiana Carolina Rueda e a multipremiada compañía cántabra Ábrego Producciones.
Esta programación contou co apoio da FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado) e da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte