11.1 C
Lugo
Mar, 18 Nov 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

«Truco ou trato» no casco histórico de Lugo

31 de octubre - 17:00
«Truco ou trato» no casco histórico de Lugo

O “Truco ou Trato” volve un ano máis ao casco histórico da cidade da man de Lugo
Monumental e os máis de 75 puntos de distribución de doces que se poderán
consultar, coma é habitual, nun mapa interactivo de Google que a Asociación publicará
en próximas datas.

O día 31 de outubro dende as 17:00 horas, os locais repartirán doces de xeito gratuíto
aos nenos de Lugo que os queiran visitar, e para recollelos regalarán tamén 2.500
bolsas decoradas ao xeito de cabazas.

Sorteo en Instagram:

A Asociación organiza este ano por primeira vez un sorteo na rede social Instagram, e
repartirá 5 premios de 100 euros cada un en vales de compra a gastar nos
establecementos participantes na iniciativa.

Para participar no sorteo simplemente será preciso subir unha foto a Instagram dos
nenos participantes no Truco ou Trato na que se poda recoñecer un establecemento
participante ou etiquetalo, poñendo tamén os hastag #LugoMonumental e
#TrucoouTratoLugo2025.

Bases do sorteo en instagram

Listaxe de establecementos

o Na web www.lugomonumental.es se colgarán o día 27 as instrucións de participación e o enlace a un plano de Google Maps coa situación dos establecementos participantes ademais das bases do sorteo.

Días e horarios:

o O Truco ou trato será o día 31 (venres) dende as 17:00 horas, aínda que os horarios estarán limitados aos de cada establecemento.

¿Os nenos teñen que estar disfrazados?

o Non, entregaranse os doces a todos os nenos que visiten os establecementos, se ben recomendamos que se disfracen para que se divirtan máis.

¿É necesaria inscrición?

o Non. Os nenos simplemente teñen que ir aos establecementos e “ameazar” ao persoal coa clásica frase: “TRUCO OU TRATO”, e terán así os seus doces por xentileza dos locais participantes.

o Para participar no sorteo en Instagram tampouco será precisa inscrición previa.

Detalles

  • Fecha: 31 de octubre
  • Hora:
    17:00
  • Categoría del Evento: