
Venres 21 de novembro no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25N).
A xornada, que arrincará ás 09.00 horas e estenderase ata as 14:00 horas, estará conducida pola presentadora, actriz e monologuista Marta Doviro, que pechará a xornada co monólogo Nin Machismi, nin Feminismi ofrecendo unha visión crítica e pedagóxica sobre a igualdade e a prevención da violencia de xénero.
O programa inclúe ademais a participación de destacadas profesionais como a doutora en
Socioloxía e investigadora social Silvia Pérez Freire, que falará de igualdade e empatía.
Así mesmo, a socióloga Uxía López Mejuto abordará unha charla co título Desactivando os mitos do amor romántico: ferramentas contra a violencia de xénero na adolescencia.
A escritora e docente Antía Yáñez Rodríguez abordará o feminismo contemporáneo cun relatorio baixo o título O feminismo xa non é a canción do verán.
Finalmente, a Presidenta da Audiencia Provincial de Lugo, Sandra Piñeiro Villar abordará un tema que preocupa na actualidade como é a Ciberviolencia.
A asistencia é gratuíta, pero debido ao límite de aforo, é necesario inscribirse previamente enviando un correo a protocolo@deputacionlugo.org ou chamando ao teléfono 982 260 134.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte