De Tarabela Creativa.
Sinopse:
Trátase dunha traxicomedia en tres actos: Acto primeiro, os tratos; acto segundo, os maltratos e acto terceiro, os retratos. Nos que facendo unha cartografía e un percorrido a través de diferentes épocas e persoas se contará a historia máis “incómoda” da nosa emigración.
Empregando para isto tres disciplinas: a narración oral (que será o fío condutor), a música ao vivo (que fará que o público se ubique naquelas outras realidades e sensacións que atravesamos) e na interpretación actoral (coa que se poñerá corpo ás palabras e coa que se traballará na metáfora do espello e do reflexo como leit motiv.)
Tres mulleres en escena para representar cada unha dende a súa disciplina o rostro menos institucional da emigración galega.
A idea:
Sempre se soubo, claro está, que as anduriñas son aves de bo agoiro, que alí onde aniñan traen fortuna, que anuncian a primavera e que os mariñeiros as tatuaban na pel por cada travesía da que lograban retornar.
Pouco se fala, en cambio, do molestas que se lle fan a moita xente co seu canto agudo e co seu xeito de enchelo todo de excrementos.
Por iso estas aves dan boa sorte, pero teñen mala fama.
Ningún outro animal se parece tanto aos emigrantes galegos: estamos en cada continente, vivimos facendo colonias, temos na cabeza o camiño de volta a casa e marchamos por necesidade. E, igual que as anduriñas, gañamos mala fama, aló onde fomos buscar a nosa boa sorte. Este espectáculo nace da necesidade de contar, precisamente, aquelo do que pouco se fala.
Coloquio despues de la obra. Colabora la Liga Santaballesa
Concierto de Piano y Violín a la Luz de las Velas «Especial Disney» – 01/03 – 18:00 horas