Visita guiada á expo «É preferible o brillo»
De Marta Valverde en Leira
Os días 2, 16 e 30 de maio ás 19h en LEIRA (praza do campo 1bis) haberá visitas guiadas para compartir coas asistentes os procesos e resultados expositivos da residencia artística e de investigación. Esperámosvos!
Ademais, todos os xoves e venres a peza estará activada para ver desde a cristaleira, mentres tomas algo ou pasas para facer algún recado polos soportais , con textos e información accesibles
Nas últimas semanas a artista Marta Valverde percorreu Lugo en procura de lendas antigas sobre obxectos protectores e rituais e a súa relación coa función dos obxectos simbólicos do presente.
Autocuidado, eneagramas, altares, astroloxía, terapia ou “un master que ao fin me dará o traballo soñado”. (…) A poucos metros de aquí, no interior dun templo máis aló da praza, hai un obxecto pétreo carcomido polas mulleres en procura de esperanza.
Este obxecto é o Crismón de Quiroga, un enorme disco de mármore mermado -entre cirios temblorosos- polo ritual da litofagia. O obxecto reza “ O ouro é vil para ti, que a prata se retire. É preferible o brillo da túa felicidade”. A idea dun brillo matérico repítese durante longos séculos, vinculado á divindade pero tamén ás capacidades emocionais e sensitivas (…)