Cargando Eventos

« Todos los Eventos

XIX Limpeza Simultánea de Ríos

3 de octubre - 10:00

XIX Limpeza Simultánea de Ríos

Esta fin de semana, 3 e 4 de outubro, o voluntariado ambiental galego ten unha cita cos ríos do país. A XIX Limpeza Simultánea de Ríos, impulsada pola organización ecoloxista ADEGA a través do seu Proxecto Ríos, celebrarase nesta edición nun total de 49 concellos de toda Galiza, e nela participarán 76 entidades, entre asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas ou centros de ensino, moitas delas asiduas nestas limpezas e outras tantas que se suman por primeira vez a esta décimo novena edición.

Baixo o lema ‘Móllate polos ríos’, estas limpezas mobilizan todos os anos centos de persoas voluntarias que de xeito simultáneo desenvolven unha acción colectiva e de concienciación social ao pé dos ríos, co obxectivo de contribuír á súa limpeza. Calquera persoa interesada pode participar contactando coas entidades organizadoras locais.

Na web de Proxecto Ríos está dispoñible a listaxe de concellos e asociacións participantes, con datos de contacto para poder sumarse ás actividades, sempre que os grupos non estean xa pechados

LUGO – Sábado 03 de outubro – 10:00 horas – Limpeza do Río Rato Punto de encontro: porta do parque de Albeiros

LUGO – Domingo 04 de outubro –  A limpeza desenvolverase entre as 11:00 e as 14:00 horas no Parque da Tolda, actuando nas ribeiras dos ríos Rato e Miño. + INFO

Detalles

  • Fecha: 3 de octubre
  • Hora:
    10:00
  • Categoría de Evento: