Cargando Eventos

« Todos los Eventos

XIX Xornada de Literatura de Tradición Oral

24 de octubre

XIX Xornada de Literatura de Tradición Oral

Sábado 24 de outubro no Salón de Actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8).

A inscrición é obrigatoria e previa, con matrícula gratuíta, seguindo estes criterios:

– As persoas que queiran dispor da homologación da Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, por un total de 8 horas, deberán inscribirse directamente a través https://www.as-pg.gal/, no apartado de Formación.

– As persoas que desexen recibir un certificado de asistencia por parte da AELG, e aquelas que quixesen asistir sen obter homologación nin certificado, deberon incribirse enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org, indicando nel o nome, apelidos e documento de identidade.

PROGRAMA

10.15 Recepción, entrega de material e inauguración

10.30-11.30 Conferencia: «Enredos coa propia lingua: a palabra tamén é un brinquedo», con Antón Cortizas

11.30-12.30 Conferencia: «Cartografía da infancia. Apego e tenrura nos cantos de reis», con Lorena Pinheiro

12.30-14.00 Mesa redonda: «Poñerlle palabras á experiencia do mundo».
Con Antón Cortizas e Lorena Pinheiro
Modera: Lois Pérez

16.00-17.00 Conferencia: «A transmisión da tradición oral dende o berce», con Pavís Pavós

17.00-18.00 Conferencia: «Detrás de Pedro Chosco. As voces das mulleres nos arrolos» con Iria Sobrino Freire

18.00-19.30 Mesa redonda:: «O conto e o canto: o papel da lingua na adquisición do código»
Con Pavís Pavós e Iria Sobrino
Modera: Eva Teixeiro

 19.30-20.30 Sesión práctica: «Os xogos tradicionais como elemento normalizador: a experiencia de XOTRAMU»

Detalles

Recinto