Xornada “Xosé Vizoso, debuxante eterno”
Evento subido a Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo. www.vivalugo.es
Venres 24 de xaneiro, ás 17.00 horas, no Pazo de San Marcos Deputación de Lugo
Promovida pola área de cultura da Vicepresidencia Deputación de Lugo
A área de Cultura súmase ao recoñecemento e divulgación da obra de Xosé Vizoso (Mondoñedo, 1950), a quen se dedica o Día da Ilustración 2025, cun programa de actividades que destacan o carácter polifacético da súa produción artística.
A xornada inclúe a proxección da curtametraxe documental “Xosé Vizoso e Sargadelos” dirixida por Aser Álvarez e un faladoiro coa participación de Antonio Reigosa, escritor e cronista oficial de Mondoñedo, Alberto Guitián, debuxante e membro do equipo organizador do Día da Ilustración, e Xosé Artiaga, pintor, gravador e artista multimedia.
O coloquio servirá de prólogo á inauguración o vindeiro mércores – 29 de xaneiro, ás 19.00 horas – da exposición “Universo Vizoso” comisariada por Aser Álvarez, unha escolma da súa obra ilustrador, deseñador, escultor, cartelista, pintor ou caricaturista coa provincia de Lugo como fío conductor, que poderá verse na Sala de Exposicíons do Pazo de San Marcos.
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
https://www.instagram.com/vivalugo/
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte