5.5 C
Lugo
Jue, 28 Nov 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Xornadas «A procura do pasado para amar o futuro: O rural e as institucións da memoria»

29 de noviembre - 30 de noviembre

Xornadas «A procura do pasado para amar o futuro: O rural e as institucións da memoria»

O Vello Cárcere acollerá os días 29 e 30/11, 16 actividades sobre a importancia dos arquivos como garantes da memoria, especialmente no eido rural.

A Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galiza (BAMAD Galicia) e a Fundación Olga Gallego de Investigación en Arquivos organizan estas xornadas, que contan co apoio da Área de Participación e Servizos para a Veciñanza.

Estas xornadas son un foro de reflexión e de coñecemento da memoria rural entendida como memoria individual, colectiva, social, histórica, cultural e compartida das persoas, do territorio, das perdas, dos achados, dos conflitos, dos encontros, das que marcharon e das que viñeron, que nace do pasado, que amarra o presente e que mira cara ao futuro.

Unha memoria onde os arquivos, as bibliotecas e os museos actúen como axentes que participen da comunidade para consolidar a memoria labrega que recupere vínculos e que restaure, cree e reimaxine proxectos que resignifiquen o rural.

Programa

Día 29 de novembro
Mañá
10:15 Inauguración
10:30 Brais Lamela. Conferencia inaugural
11:15 Café
11:45 Eugenio García-Rojo, representante de Museos Vivos https://museosvivos.com/
12:15 Carmen Suárez do proxecto falamos de San Sadurniño https://www.falamedesansadurnino.org/texto/o-proxecto/
12:45 Nieves Neira, periodista e poeta presenta o Arquivo da fotógrafa Maruja Roca de Becerreá
13:15 Representantes do festival Agrocuir da Ulloa
13:45 Debate

Tarde
16:30 Roberto Soto, bibliotecario experto en Bibliotecas rurais
17:05 Benito Burgos, Subdirector General de Cooperación Cultural con las Comunidades Autónomas, Ministerio de Cultura. Cidadanía e ruralidades, políticas para o desenvolvemento cultural no rural
17:40 Jesús Rey Modia, arquiveiro municipal de Lugo: Os arquivos municipais como garantes de la memoria rural.
18:15 Ana López Cuadrado Subdirectora General de los Archivos Estatales. Como achegar os arquivos ao mundo rural (políticas arquivísticas)
18:50 Rosa Mary Lamas Casado, bibliotecaria do Museo de Rivadavia. Os museos na contorna rural, o Museo de Ribadavia.
19:25 Debate

Día 30 de novembro
Mañá
10:00 Ana Cabana, profesora de Historia da USC. Investigación sobre a memoria do rural
10:35 Jeff Alberghi, representante do Ecomuseo e centro de investigación, La Ponte https://laponte.org/conocenos/
11:10 Ana María Méndez Infanzón , bibliotecaria da Biblioteca de Coaña (Asturias). A participación e as bibliotecas rurais.
11:45 Café
12:15 Representante da Fundación Uxío Novo Neyra. Arquivos no Courel (Lugo)
12:50 Representante de Arxivers sense Fronteres, proxecto de recuperación e conservación do fondo do bispo Pere Casaldàliga e a súa implicación nas defensa da poboación indíxena do Brasil.
13:25 Debate
13:45 Clausura

Detalles

Comienza:
29 de noviembre
Finaliza:
30 de noviembre
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 29 71 95