Xornadas Feministas = Igualdade

Venres, 17 de abril de 2026, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, en horario de mañá. De balde.
A cita comezará ás 9:00 horas e para asistir haberá que inscribirse a través do correo
electrónico: protocolo@deputacionlugo.org
Durante toda a mañá, relatoras de referencia combinarán coñecemento, reflexión e emoción.
O evento estará conducido pola actriz e presentadora lucense Beatriz Serén.
Entre as participantes Eulalia Pérez Señedo, profesora de investigación no CSIC e referente
en ciencia, tecnoloxía e xénero, abordará os estereotipos e as falsas crenzas científicas sobre as mulleres.
Laura Redondo, doutora en psicoloxía e profesora universitaria, analizará os mitos da igualdade.
Celia de Marcos, doutora en Comunicación, tratará o impacto da intelixencia artificial no futuro da igualdade.
E Cristina Pérez Carmuega e Seila Couso-Pérez, investigadoras no ámbito educativo e científico, falarán da invisibilización histórica das mulleres a través do coñecido efecto Matilda.
A xornada pecharase cun monólogo da cómica Esther Gimeno, que permitirá conectar co público desde unha perspectiva máis próxima e participativa.

























