5 C
Lugo
Mar, 15 Abr 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Xornadas sobre a Muralla Romana de Lugo

4 de abril - 5 de abril

Xornadas sobre a Muralla Romana de Lugo

O Museo Provincial de Lugo conmemora o 25 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade cunhas xornadas que analizan a transcendencia deste ben patrimonial

Os días 4 e 5 de abril de 2025 – Salón de Actos da Deputación Provincial de
Lugo

As inscricións poden realizarse ata o 3 de abril no formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScq9noSsNExmyUkcUeBrjD8IlcZQicE06wI7FbD4_0LaLul9w/viewform

“Muralla Romana de Lugo.  Ann XXV in Tabula Mirabilium” é o título deste encontro, que se configura como un espazo de reflexión, debate e intercambio para analizar e avaliar a transcendencia deste ben de interese cultural no ámbito da historia, da arqueoloxía ou da
restauración e abordar estratexias de socialización, difusion e comunicación do patrimonio no contexto actual.

Entre outras persoas expertas nos eidos citados, as xornadas reunirán ao equipo que redactou a   proposta de inscrición da Muralla na listaxe da UNESCO: Bieito Pérez Outeiriño, Enrique Alcorta Irastorza, Felipe Arias Vilas, Covadonga Carreño Gascón e Ignacio López de Rego Uriarte.

Programa

Venres, 4 de abril

9.15 h Acreditación asistentes
9.30 h Presentación oficial
9.45 h Conferencia inaugural: “A Muralla de Lugo na historia e vida da cidade”. Adolfo de Abel Vilela
10.30h As murallas tardorromanas do NW de Hispania. O recinto fortificado de Xixón. Carmen Fernández Ochoa.
11.15 h Entre paredes e persoas: arqueoloxía e aproveitamento social das murallas romanas de León. Eduardo Ramil Rego.
12.00h Pausa
12.30 h  Arqueoloxía na Muralla Romana de Lugo. Enrique Fernández González.
13.15 h. A muralla: unha restauración sostible. Ignacio López de Rego Uriarte
14.00 h Debate-coloquio

16.30h Patrimonio e tecnoloxía. Da documentación 3D á divulgación en rrss. Néstor F. Marqués
17.30h  Retos da socialización do patrimonio. Miguel Ángel Cajigal.
18.15 h Mesa redonda: “Estratexias de difusión , didáctica e comunicación do patrimonio arqueolóxico. A muralla de Lugo. Elena Freire Paz, Paloma García Díaz, Néstor F. Marqués, Miguel Ángel Cajigal e Encarna Lago. Modera: Aurelia Balseiro.
19:30 h Visita técnica comentada ao Museo Provincial de Lugo. Restos materiais da muralla de Lugo no MPL: epigrafía.

Sábado, 5 de abril

10.00h Mesa redonda: Como pasou? A muralla de Lugo, patrimonio da humanidade. Equipo de redacción da proposta de inscrición: Bieito Pérez Outeiriño, Enrique Alcorta Irastorza, Felipe Arias Vilas, Covadonga Carreño Gascón e Ignacio López de Rego Uriarte. Modera. Aurelia Balseiro.
11.30h Intervención do presidente de ICOMOS España. Juan Carlos Molina.
12:00h Debate-coloquio
13.00 h Visita técnica á muralla de Lugo a cargo de Enrique Alcorta Irastorza.
16.45 h Convocatoria no MPL para a realización dunha visita a centros museísticos romanos da cidade de Lugo.

Axenda Cultural de Lugo.

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Comienza:
4 de abril
Finaliza:
5 de abril
Categoría del Evento:

Local

Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
lugo, Lugo 27001
+ Google Map
Teléfono
982 26 00 00
Ver la web del Local