12.7 C
Lugo
Sáb, 6 Dic 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Xoves de ciencia e cañas

27 de marzo - 18:00
Xoves de ciencia e cañas

Último xoves de cada mes

Onde? Cafetería da Facultade de Veterinaria, Lugo
Cando? O xoves 27 de marzo
Hora? De 18:00 a 20:00
Os ‘‘Xoves de ciencia e cañas no Campus Terra’ son un punto de encontro co persoal investigador do Campus de Lugo. A través de charlas distendidas e dirixido á comunidade universitaria pero tamén á cidadanía no seu conxunto, este evento pretende servir de foro para profundar e tecer sinerxías entre as diferentes liñas de investigación que se desenvolven na sede universitaria luguesa.
Nova xornada chea de ciencia con tres grandes investigadoras:
Patricia Cazón Díaz, investigadora posdoutoral. Da área de Tecnoloxía dos Alimentos, do grupo ASNDNA, análise sensorial, valoración nutricional e desenvolvemento de novos alimentos.
Mercedes Novo, catedrática de Universidade. Da área de Química Física, do grupo BioPhysChem, química biofísica, fotofísica e espectroscopía.
Ana Barreiro Buján, investigadora posdoutoral. Da área de Edafoloxía e Química Agrícola, do grupo UXAFORES, unidade de xestión ambiental e forestal sostible.

De feito, dende a organización poñen o foco en que este evento servirá para “saber que se investiga no Campus Terra, establecer conexións entre o persoal investigador, ou descubrir a infraestrutura coa que conta cada centro”.

Ademais, o foro permitirá obter ideas á hora de decantarse por un tema ou outro na realización de Traballos Fin de Grao ou Fin de Mestrado, información sobre bolsas, ou respostas a múltiples dúbidas relativas ao eido investigador.

Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

  • Fecha: 27 de marzo
  • Hora:
    18:00
  • Categoría del Evento:

Local