8.3 C
Lugo
Mié, 12 Mar 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

‘Xoves de ciencia e cañas no Campus Terra’

27 de febrero - 18:00

‘Xoves de ciencia e cañas no Campus Terra’

Os ‘‘Xoves de ciencia e cañas no Campus Terra’ conformarán a partir do vindeiro 27 de febreiro un punto de encontro para o persoal investigador do Campus de Lugo.

A través de charlas distendidas e dirixido á comunidade universitaria pero tamén á cidadanía no seu conxunto, este evento pretende servir de foro para profundar e tecer sinerxías entre as diferentes liñas de investigación que se desenvolven na sede universitaria luguesa.

A actividade comezará ás 18.00 horas na cafetaría da Facultade de Veterinaria.

Os relatores da primeira sesión serán a investigadora distinguida ao abeiro da convocatoria Beatriz Galindo, Marta Prado Rodríguez, e o profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, Manuel Francisco Marey Pérez.

Prado Rodríguez pertence á área de Tecnoloxías de Alimentos e ao grupo de investigación LHICA-USC Hixiene, Inspección e Control de Alimentos.

Pola súa parte, Manuel Marey pertence a área de Proxectos de Enxeñaría e ao grupo PROEPLA Proxectos e Planificación.

As profesoras Ana Fresno e Marta Prado organizan esta actividade, co apoio da asociación de estudantes Agromar, que aspira a converterse nunha cita ineludible coa divulgación científica o último xoves de cada mes no Campus de Lugo.

De feito, dende a organización poñen o foco en que este evento servirá para “saber que se investiga no Campus Terra, establecer conexións entre o persoal investigador, ou descubrir a infraestrutura coa que conta cada centro”.

Ademais, o foro permitirá obter ideas á hora de decantarse por un tema ou outro na realización de Traballos Fin de Grao ou Fin de Mestrado, información sobre bolsas, ou respostas a múltiples dúbidas relativas ao eido investigador.

Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Fecha:
27 de febrero
Hora:
18:00
Categoría del Evento:

Local

Facultad de Veterinaria
Rúa Carballo, 0
lugo, Lugo 27001 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 82 20 12
Ver la web del Local