Dentro do programa da Rede Museística da Deputación de Lugo para celebrar o Día do Patrimonio Mundial e Natural 2020 nos museos desta Rede, hoxe, día 10 de novembro, comeza ConversARTE na Rede, unha actividade dirixida a todos os públicos que consta de charlas participativas online, das que se acompaña programa, ao redor dunha peza de Museo. Terán lugar a través da plataforma zoom, as prazas son limitadas e as inscricións deben realizarse a través do mail: concertacionsrmp@gmail.com.
ConversARTE na Rede (calendario):
Día 10 de novembro 17:00 a 18:00 horas.
-“A Guía Postal de Lugo” de Maruja Mallo. Os nosos tesouros”
Día 17 de novembro, de 17:00 a 18:00 horas
-“O Torques de Burela, a colección de orivería antiga e popular. De xoias e novos valores”.
Día 24 de novembro, de 17:00 a 18:00 horas
-“Raíña da panoplia do Rock’n’Roll” de Paco Pestana. “Querémonos vivas”
Día 1 de decembro, de 17:00 a 18:00 horas
-“O repudio de Agar”. Xente das marxes.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte