Lugo vivirá un «Encontro de Novas e Novos Creadores Lucenses» entre o 14 e o 19 de setembro no que xóvenes de entre 18 e 35 anos con inquietudes afíns ás artes e á produción artística en calquera das súas disciplinas, convivirán xuntos compartindo a súa creatividade.
“Facilitaranse as condicións necesarias cubrindo todos os gastos ocasionados. A hospedaxe e a manutención de cada artista durante os Encontros de Arte correrá a cargo da organización e tamén se contempla unha axuda para os desprazamentos de 300 €, en concepto de honorarios”, abondou Ana González desde Xuventude.
Ademais, esta residencia completarase con visitas a diversos puntos de interese da cidade, museos, centros de arte e espazos culturais, puntos de interese turístico e por suposto, visitas a talleres de artistas locais de renome, abrindo deste xeito as portas de Lugo aos visitantes e ao mesmo tempo facendo participe das residencias ao resto da poboación para que sexa unha experiencia enriquecedora para toda a sociedade
Requisitos
Os e as creadoras que desexen participar na convocatoria deberán enviar a info@espaciolupa.com, até o 7 de setembro ás 24:00 horas, unha memoria, que conteña ademais dos seus datos persoais, o currículum e un dossier gráfico e aportala en formato PDF, non superando as 15 páxinas nin os 10 MB de peso.
As obras realizadas pasarán a formar parte do patrimonio cultural de Lugo e serán exhibidas nos seus espazos públicos ou nos que a organización considere oportunos.