"Lugo Experience", o escaparate de experiencias turísticas de Lugo

O evento Lugo Experience, que terá lugar a fin de semana do 19 e o 20 de setembro será un escaparate de experiencias da provincia de Lugo, unha oportunidade de vivir e desfrutar durante toda unha fin de semana dos recursos turísticos, culturais, patrimoniais, astronómicos, etnográficos e medioambientais que existen na provincia.

Todas as actividades de Lugo Experience serán sostibles coa contorna e seguras para todas as persoas asistentes, cumprindo coas máximas medidas hixiénico-sanitarias indicadas polas autoridades sanitarias.

Información e inscricións na web oficial do Lugo Experience