Expo a non perder en Lugo: «Un día calquera» de Xoan Vila.
Un poema visual onde o tempo detense e a arte convídanos a redescubrir o que esquecemos: que cada día é unha obra mestra en si mesma, unha oportunidade para atopar a beleza no que parece ordinario.
No Museo Interactivo da Historia de Lugo, MIHL, ata o 11 de xaneiro.

O MIHL acolle a obra de Xoan Vila, un escultor que, con mans hábiles e un corazón atento, transforma a madeira en poesía tanxible.

«Un día calquera» é máis que unha exposición de 14 pezas escultóricas realizadas en madeira de castiñeiro; é unha invitación para deterse e observar o cotián.
 
Cada escultura é un eco das pequenas marabillas que nos rodean: o rozamento dunha man, un canto á alegría, o abrazo materno, a danza dos paxaros.
 
Vila lémbranos que a beleza se atopa no simple, neses instantes que compoñen a trama cotiá das nosas vidas.
 
A escultura de Xoan Vila, coa súa linguaxe de madeira e a súa sensibilidade, lémbranos que a vida, na súa esencia máis pura, é un xesto cotián cheo de poesía.
 
Comisario Iago Eireos Espacio Lupa Arte
MUSEO MIHL
 
Av. Infanta Elena, s/n, 27003 Lugo
 
DE MARTES A DOMINGO: 10:00-14:00 H – 16:30-19:30 H.  PECHADO OS LUNS EXCEPTO FESTIVOS
 

NADAL: 20 de decembro ao 6 de xaneiro todos os  días: 10:00-14:O0 H / 16:30-20:30 H. Pechado os días 24, 25, 31 de decembro, 1 e 6 de xaneiro