A sala de exposicións da Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle ata finais de mes a mostra das 18 obras pictóricas presentadas ao XXXI Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán. A inauguración tivo lugar hoxe coa participación do delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o vicepresidente do colectivo organizador, Xulio Xiz; e o alcalde de Begonte, José Ulla.
Este certame é unha das actividades programadas ao abeiro da convocatoria O Nadal en Begonte, promovidas polo Centro Cultural José Domínguez Guizán e que ten como principal atractivo o Belén electrónico, declarado de Interese Turístico Galego. O prazo de presentación das obras finalizou o pasado venres.