Nova mostra en Lugo: “Afonso X e Galicia”
A semana pasada cumpríronse 800 anos do nacemento de Afonso X, unha figura destacada da cultura europea. Sobre o legado do monarca e a súa
conexión con Galicia trata “Afonso X e Galicia”, proxecto expositivo organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) que se inaugurou na Capela de Santa María de Lugo.
Esta proposta amosa unha faceta pouco coñecida da súa figura e convidar a coñecer a súa influencia a través de documentos, testemuños arqueolóxicos, literarios e musicais que amosan o legado afonsino en paralelo ao esplendor da cultura galega na etapa medieval.
A mostra
A primeira das partes busca presentar a Afonso X na súa dimensión máis humana. A segunda está orientada a ofrecer a vida e conflitos persoais do monarca.
Despois, preséntase o seu labor científico, histórico e cultural cunha recreación do obradoiro, onde o protagonismo recae nos manuscritos e nas
miniaturas.De seguido, o cuarto espazo está dedicado á zona da música e dos instrumentos medievais coas distintas reproducións chegadas de diferentes espazos.
O último espazo está dedicado a ilustrar graficamente a sociedade medieval e a vida do monarca a través das imaxes do Códice Rico do Escorial das
Cantigas. A súa obra cimeira, as Cantigas de Santa Maria están presentes na mostra cunha escolma que se presenta simultaneamente en seis pantallas.
aloxan textos recitados, música e informacións, ademais do catálogo virtual para enriquecer a visita.
Entre os contidos complementarios destaca unha serie de entrevistas aos especialistas Henrique Monteagudo, Helena de Carlos, Francisco Prado-Vilar, Carlos Núñez, Elvira Fidalgo e Eduardo Cebreiro
O vindeiro 3 de decembro está programado un concerto a cargo de Arts Combinatoria que leva por título “Cantigas de Santa María. Milagres da Virxe na corte de Afonso X o Sabio”. Terá lugar na centrAD e este grupo de música antiga ofrecerá un concerto que ten no seu programa unha selección de das cantigas sa, a obra lírica máis importante da música monódica medieval.
Toda a información en: http://consellodacultura.gal/exposicions/axg/